As boas partidas non caducan
SifG22 / ZonikVOLVE
A XOGAR.
Os clásicos teñen moito por diante. Atopa os que lembras, descobre os que non coñeces e dálles unha partida máis.
Entra en ZonikTres pasos ata a partida
O PASADO TEN
MOITO XOGO.
O de sempre. Ou o teu próximo favorito.
Reencóntrate cos clásicos que coñeces e achégate aos que se che escaparon. Un lugar para volver e para descubrir.
Un pouco de contexto cambia a partida.
Que propón cada xogo, que o fai especial e que convén saber antes de comezar. A información xusta para entrar con curiosidade.
As boas ideas seguen enganchando.
Unha navegación clara e un camiño directo ata a partida. Redescobre os retos e as regras que seguen tendo algo que dicir.
Máis que nostalxia
UN CLÁSICO
NON SE GARDA.
XÓGASE.
Unha colección con criterio, espazo para a sorpresa e unha experiencia actual que conserva o carácter de cada xogo.
Antes de darlle ao start
OUTRA
PREGUNTA?
Que vou atopar en Zonik?
Unha app de SifG22 dedicada a descubrir e gozar de videoxogos clásicos, con contexto para coñecer as súas propostas e unha navegación pensada para chegar á partida.
Onde podo entrar?
Zonik está dispoñible en zonik.sifg.net. Podes explorar alí a colección actual.
Teño que coñecer os xogos de antes?
Non. Zonik tamén está pensado para quen se achega por primeira vez: explica que propón cada xogo e que convén saber para comezar.
A seguinte partida comeza aquí

